Material didáctico primaria e educación especial

Intervir

Descargar PDF

Chega a hora de materializar as boas intencións!

Unha vez que os alumnos e alumnas realizaron as dinámicas previas das fases 1. Previr e 2. Detectar, xa poden, como grupo-clase, comezar a dar forma ás súas propostas.

A través dun modelo baseado no método de Design Thinking, a clase pensará nos valores que definen o seu equipo, e iniciará unha análise e reflexión dos espazos do centro escolar onde se pode sufrir soidade non desexada.

Así, poderá pensar en ideas que produzan unha solución ao problema, pensando sempre en actividades atractivas e inclusivas para todos e todas, que sumen a todas as persoas, con e sen discapacidade.

Descargar o modelo

BIBLIOTECA DE RECURSOS.

Se dispós de máis tempo de clase ou se queres afondar máis, deixámosche varias propostas de actividades sensoriais! como xogos para desenvolver a percepción dos sentidos do tacto, o oído, a vista e o olfacto.