Material didáctico primaria e educación especial

Design thinking - alumnos

Descargar PDF

1 EMPATIZAR:

Cando observas e te fixas nas persoas afectadas pola soidade non desexada, cando te pos no seu lugar e te preocupas por botarlles unha man, es capaz de dar con solucións innovadoras que poden mellorar a situación.

  • Escoitar con atención e comprender ás persoas afectadas

2 DEFINIR:

Cando prestas atención ao problema e analizas as súas partes, es capaz de comprender que pode mellorarse e comezar a idear unha solución.

  • Analizar todos os aspectos que compoñen a problemática, incluídas as persoas ou as distintas causas.

3 IDEAR:

Cando reflexionaches sobre os elementos do problema, consegues varias alternativas posíbeis que logren alcanzar a solución.

  • Debater en grupo e empregar a creatividade conxunta para xerar as ideas máis innovadoras.

4 PROTOTIPAR:

Cando probas as posíbeis solucións e comprobas os resultados, es capaz de alcanzar solucións que axudan ás persoas que sofren soidade non desexada.

  • Experimentar coas distintas propostas até seleccionar a mellor proposta e analizar que se podería mellorar.