Material didáctico primaria e educación especial

Detectar

Descargar PDF

1. FACENDO EQUIPO

DESCRICIÓN DA DINÁMICA:

Nesta segunda dinámica, os alumnos terán que poñerse na pel doutras persoas para vivenciar distintas situacións.

Por medio desta actividade grupal, baseada nun role play, os alumnos e alumnas traballarán a empatía e a escoita activa.

Agrupados por equipos, dispoñerán de dúas tarxetas sacadas ao azar: unha coa descrición dunha situación e outra coa descrición do personaxe (con ou sen discapacidade) ao que lle afecta esa situación e da que é protagonista.

Cada tarxeta dispón dunha batería de preguntas reflexivas: ao emparellar personaxe e situación, o equipo terá que poñerse no lugar do personaxe, responder as preguntas e acordar unha solución baseada na empatía e o respecto, para evitar o caso de soidade non desexada.

Que son a empatía e a escoita activa

A empatía é a capacidade de entender as emocións da outra persoa, aínda que non se compartan. Defínese como a habilidade depoñerse no lugar de outra persoa e comprender como se sente nunha determinada situación.

A escoita activa, ou empática, é cando se escoita para comprender á outra persoa, centrando a atención nela.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:

DURACIÓN DA ACTIVIDADE:

15 minutos.

PAUTAS DE REALIZACIÓN:

  1. Organiza equipos de 3-5 alumnos e reparte, ao azar, unha tarxeta de situación e outra de personaxe.
  2. Por quendas, cada integrante do equipo debe responder as preguntas que se expoñen en cada tarxeta, primeiro empatizando co personaxe e poñéndose no seu lugar, e despois respondendo de forma persoal.
  3. Cada equipo, tras a rolda de preguntas reflexivas, debe chegar a unha solución que permita ao personaxe evitar unha situación de soidade non desexada.
  4. Posta en común para acordar as actitudes que deben ter o grupo-clase se se atopan con situacións parecidas no centro escolar.

Descargar as tarxetas dos personaxes Descargar as tarxetas das situacións

FINALIDADE DIDÁCTICA AXUSTADA AO TRABALLO DE PARTICIPACIÓN:

ALTERNATIVAS AO DESENVOLVEMENTO DA DINÁMICA:

BIBLIOTECA DE RECURSOS

Se dispós de máis tempo de clase ou se queres afondar máis, deixámosche estes recursos gamificados para seguir formando equipo!